Saturday 27 de April de 2024

Sesenta rapaces e rapazas tomarán parte no Pequetrail de Lousame, que terá lugar na tarde deste sábado 13 de xaneiro


O Concello de Lousame vén de pechar as inscricións no Pequetrail, unha proba gratuíta que terá lugar na tarde deste sábado 13 de xaneiro e no que tomarán parte corredores e corredoras nadas entre os anos 2008 e 2017. Unhas inscricións que se saldaron 60 rapaces e rapazas anotados, un máis sobre a participación da edición de 2022, a de maior concorrencia na curta historia desta proba.

Así o destaca a concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, pois “con so cinco edicións conseguimos que o Pequetrail se estabilice por riba do medio cento de participantes, algo digno de destacar cando nas primeiras edicións estabamos en apenas unha ducia de atletas”. De feito, esta quinta edición do Pequetrail contará con máis participantes que as tres primeiras edicións anteriores xuntas: 15 no 2021, 30 no 2020 e 10 no 2019.

A proba desenvolverase a partir das 16:00 horas do sábado 13 de xaneiro na contorna do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes. Os primeiros en saír serán os catro sub-16, que percorrerán uns 7 km. Despois chegará a queda dos once sub-14 e dos doce sub-12, con percorridos de 2 e 1,5 km, respectivamente. Finalmente, os dezaseis Sub-10 afrontarán unha proba de 1 km e os dezasete Sub-8 cubrirán unha simbólica distancia de 500 metros.

O Concello de Lousame entregará medallas a todos os participantes. A proba conta coa colaboración de Futuranea, Hoka One One, Tarrío & Suárez Obras y Contratas, Fermín Simal SL, Autos Comparado, Supermercados Gadis, Atmósfera Sport, Pavimentos Noia e Nutri Sport.